REALIDADES E HORIZONTES DA EDUCACIÓN EN GALICIA. REALIDADES E HORIZONTES DA EDUCACIÓN EN GALICIA Top-Angebot

REALIDADES E HORIZONTES DA EDUCACIÓN EN GALICIA. REALIDADES E HORIZONTES DA EDUCACIÓN EN GALICIA Top-Angebot

¡Oferta!

El precio original era: 20,90 €.El precio actual es: 10,45 €.

SKU: SK0469247-DE20251222-090351 Categoría:

Descripción

Realidades e horizontes da educación en Galicia quere ofrecer unha mirada panorámica sobre cuestións fundamentais do desenvolvemento educativo en Galicia. Cuestións abordadas, porén, con algunha profundidade e de xeito especializado. Quere ser tamén unha homenaxe á traxectoria docente e investigadora do profesor Antón Costa Rico, quen ao longo de máis de catro décadas asumiu un relevante papel na docencia universitaria e na xestión institucional: a presidencia de Nova Escola Galega (NEG), a dirección do Instituto de Ciencias da Educación da USC, o decanato da Facultade de Ciencias da Educación (USC), a presidencia da Sociedad Española de Historia de la Educación (SEDHE) ou, máis recentemente, a dirección da colección Biblioteca de Pedagoxía de Kalandraka Editora.Sempre atento ás obrigas contraídas cos estudantes e colegas, estendeu o seu maxisterio a diferentes áreas, entre as que cabe destacar a das políticas educativas, a metodoloxía historiográfica ou o coñecemento dos clásicos e modernos do pensamento pedagóxico, contribuíndo a tecer redes que deron pulo á renovación educativa, ao coidado e protección do patrimonio educativo e ao cultivo da lingua galega. Neste libro-homenaxe proxéctanse os testemuños –reconvertidos en temas, reflexións e propostas– dun amplo e diversificado conxunto de docentes, investigadores e especialistas con traxectorias diversas, representativas de distintas sensibilidades e pareceres, que –dun xeito ou doutro– mantiveron ou manteñen relacións de amizade e aprecio con Antón Costa. «,