Preisknaller A CORUÑA, PASADO E PRESENTE
El precio original era: 18,05 €.9,03 €El precio actual es: 9,03 €.
- Envío rápido gratuito.
- Devoluciones y reembolsos en 14 días de forma sencilla.
- Pago seguro con métodos verificados y protección SSL.
- Aceptamos Visa, Mastercard, PayPal y más.
Carmen Martínez Torrón e mais Xosé Castro Roig son dous coruñeses deses «de toda a vida». Con este proxecto repasan mediante fotos antigas extraídas de álbums familiares propios e alleos o pasado da nosa cidade, a súa evolución e os seus cambios, que discorren paralelos á vida dos retratados.A Coruña foi e é unha cidade de emigración e de inmigración, berce de grandes políticos, de intelectuais e de literatos. O seu mesmo trazado urbanístico responde a unha longa historia de asedios, de comercio ultramarino, de pescadores e comerciantes, de ensanche e expansión por terra e por mar, de lecer e recreo.Como bos coruñeses que son, Carmen e Xosé aman e critican a súa cidade a partes iguais, porque a queren. Pero, como calquera outro coruñés, cando alguén de fóra quere facerlles de menos, únense e sacan esa María Pita que todos levamos dentro. Non en balde, somos os tataranetos dos que resistiron o desapiadado ataque do corsario Drake.Este libro é, en fin, unha cariñosa homenaxe aos coruñeses e á nosa novelesca Marineda. «,





