Original CONTRA(DE)CADENCIA
El precio original era: 23,70 €.11,85 €El precio actual es: 11,85 €.
- Envío rápido gratuito.
- Devoluciones y reembolsos en 14 días de forma sencilla.
- Pago seguro con métodos verificados y protección SSL.
- Aceptamos Visa, Mastercard, PayPal y más.
penso que debería, dalgún xeito, dar forma literaria(non necesaria-mente como novela, senón como algunha sorte de híbrido narrativo que polo de agora descoñezo : que me descoñece)á loita que manteño no meu interior (calado : paralizado : afogado) contra esta a nosa cidade e a ¡súa! (in)cultura en decadencia(pugna sen acougo, sen satisfaccións, na procura constante de derrubar a falacia da súa hexemonía)algún sistema literario que desenvolva e dea noticia da descuberta que vimos de realizar, e que (na súa, intúo, mínima transcendencia social) permita a un número in-determinado de persoas tomar con(s)ciencia da existencia agochada entre nós de creadores coma el, de novos mártires soterrados nas gabias-da-marxinación e nos foxos-do-illamento da vergoña actual por parte desta sociedade do espectáculo e da vulgaridade (que aínda por riba se cre expiatoria de todos os crimes perpetrados no pasado)un texto que sexa:radiografía dunha transición estilísticaberro xordo contra un medio que enmudecerestitución dunha vítima da historia imperante aínda-non-escritatopoloxía dunha vida en travesía polo desertocrónica dunha outredade recoñecida «,





