NUREDIN O TAXISTA E AMEDINE O PINTOR. CRÓNICAS E FIGURACIÓNS DUN TRANSMUNDO COLONIAL Kostenfreie Lieferung

NUREDIN O TAXISTA E AMEDINE O PINTOR. CRÓNICAS E FIGURACIÓNS DUN TRANSMUNDO COLONIAL Kostenfreie Lieferung

¡Oferta!

El precio original era: 13,30 €.El precio actual es: 6,65 €.

  • Envío rápido gratuito.
  • Devoluciones y reembolsos en 14 días de forma sencilla.
  • Pago seguro con métodos verificados y protección SSL.
  • Aceptamos Visa, Mastercard, PayPal y más.
Métodos de pago aceptados
SKU: SK0475180-DE20251222-090351 Categoría:

Chegou axiña. Un home alto, robusto, cachola grande, face ovalada,cellas curvas, longas fazulas, beizos carnosos, barba moi curta, pelocase ao rape. Tiña un sorriso franciscano, só lle faltaba a carapuchapara ser un tal. Era o Nuredin. Falaba un francés moi comprensíbel,menos mal. Díxenlle de irmos a Temara e, moi cortés, suxeríumebaixarmos ao porto, na foz do río, e collermos o paseo e logo a estradada beiramar, para evitar os atrancos na travesía do centro da cidade aaquelas horas. Conforme, díxenlle, vostede sábeo millor ca min. Botouun sorriso de compracencia pola miña confianza. O auto era un Mercedesgrandocho, modelo ano de catapún, confortábel só que moi vencido–ouleaba o motor coma un can doente cando reducía a marchascurtas, mais andaba ben. Polo camiño, dabame espricacións breves sobrelugares polos que pasabamos, edificios singulares ou monumentosque viamos, os vestixios da presenza portuguesa de antano, a francesamáis recente, inda onte coma quen di. “Fomos un país ocupado, e nótasenosaínda hoxe” –dixo de sócato nunha desas, como sen querer, ebotoume unha inquisitiva ollada de esguello polo retrovisor, ao axexoda miña reacción. Mal sabía el a quen estaba a dicirllo, mais mudoullea cara a unha expresión de alivio cando viu no espello o meu divertidosorriso irreprimidamente cúmplice. «,