AS POETAS DA COLECCIÓN SALNÉS Top-Seller
El precio original era: 17,58 €.8,79 €El precio actual es: 8,79 €.
Descripción
Coa celebración do seu 75 aniversario, Editorial Galaxia recupera o espíritoinnovador que demostrou nas súas publicacións dende 1950 traendo aos lectorese lectoras do século XXI moitas destas obras que supuxeron unha renovacióndo mundo cultural galego e, por extensión, tamén da súa sociedade. Esta colecciónconmemorativa ábrese co presente volume: As poetas da colección Salnés.En 1961 a editorial crea unha colección de poesía en lingua galega, a colección Salnés.Nela publicarán as poetas escolmadas pola profesora Patricia Arias Chachero, responsabletamén do limiar. Todas de procedencias e estilos moi variados, son, María doCarme Kruckenberg, que asina Canaval de ouro en 1962; Pura Vázquez, en 1963 conA saudade i outros poemas; e María Manuela Couto Viana e Anne Marie Morris, dúaspoetas alófonas, autoras de Frauta lonxana (1964) e Voz fuxitiva (1965), respectivamente.A elas cómpre sumar Xohana Torres, que se inclúe nesta antoloxía porque é aprimeira muller en publicar en Galaxia e porque tivo intención de publicar en Salnés,malia non facelo.Cómpre ler os poemas desta escolma tendo moi presente o contexto en que foronpensados, escritos e publicados. Apareceron nunha sociedade fortemente patriarcalonde o discurso católico tradicional definía e condicionaba o sentir e o actuar das mulleres.Só así poderemos valorar a modernidade e importancia do seu traballo. Foron asprimeiras, as que romperon barreiras e superaron prexuízos, as que abriron as portaspara todas as que vimos detrás. Fixérono cravando a vista nos poucos referentes femininosde que dispuñan, con sororidade, apoiándose unhas nas outras. «,





