A POESÍA POPULAR GALICIA 1745-1885. RECOPILACIÓN, ESTUDIO E EDICIÓN CRÍTICA. VOL 1 Top-Qualität
El precio original era: 23,51 €.11,76 €El precio actual es: 11,76 €.
- Envío rápido gratuito.
- Devoluciones y reembolsos en 14 días de forma sencilla.
- Pago seguro con métodos verificados y protección SSL.
- Aceptamos Visa, Mastercard, PayPal y más.
Para a maioría dos que, durante moitos anos, se achegaron á poesía popular galega do século XIX, esta empezaba e ramataba no Cancioneiro popular gallego (1885-86) de Pérez Ballesteros. Antes del, este xénero parecía non existir ós ollos da historia da literatura, que se limitou a recoñecer algunhas poesías dispersas, xeralmente como parte secundaria de obras ?serias?.A ptresente obra recolle, describe, sistematiza e interpreta a poesía popular dun período de 140 anos de a cabalo entre os séculos XVIII e XIX: o comprendido entre a redacción do Viaxe a Galicia (1745) do Padre Sarmiento ?primeira obra moderna na que se transcribe a letra dunha cantiga- e a publicación da devandita compilación de Pérez Ballesteros. Dos aproximadamente 6.400 textos aquí recopilados (3.912 textos base, máis os parcialmente coincidentes e os repetidos), uns 2.900 publícanse agora por vez primeira; entre eles, nove recollidos por Rosalía de Castro e dous por Sarmiento.Recupérase así un inxente patrimonio literario, xenuinamente galego, e amósase, ó mesmo tempo, a enorme variedade e riqueza desta literatura e o seu uso xeralizado entre a poboación galega dos séculos pasados. «,





