NUREDIN O TAXISTA E AMEDINE O PINTOR. CRÓNICAS E FIGURACIÓNS DUN TRANSMUNDO COLONIAL Kostenfreie Lieferung
El precio original era: 13,30 €.6,65 €El precio actual es: 6,65 €.
- Envío rápido gratuito.
- Devoluciones y reembolsos en 14 días de forma sencilla.
- Pago seguro con métodos verificados y protección SSL.
- Aceptamos Visa, Mastercard, PayPal y más.
Chegou axiña. Un home alto, robusto, cachola grande, face ovalada,cellas curvas, longas fazulas, beizos carnosos, barba moi curta, pelocase ao rape. Tiña un sorriso franciscano, só lle faltaba a carapuchapara ser un tal. Era o Nuredin. Falaba un francés moi comprensíbel,menos mal. Díxenlle de irmos a Temara e, moi cortés, suxeríumebaixarmos ao porto, na foz do río, e collermos o paseo e logo a estradada beiramar, para evitar os atrancos na travesía do centro da cidade aaquelas horas. Conforme, díxenlle, vostede sábeo millor ca min. Botouun sorriso de compracencia pola miña confianza. O auto era un Mercedesgrandocho, modelo ano de catapún, confortábel só que moi vencidoouleaba o motor coma un can doente cando reducía a marchascurtas, mais andaba ben. Polo camiño, dabame espricacións breves sobrelugares polos que pasabamos, edificios singulares ou monumentosque viamos, os vestixios da presenza portuguesa de antano, a francesamáis recente, inda onte coma quen di. Fomos un país ocupado, e nótasenosaínda hoxe dixo de sócato nunha desas, como sen querer, ebotoume unha inquisitiva ollada de esguello polo retrovisor, ao axexoda miña reacción. Mal sabía el a quen estaba a dicirllo, mais mudoullea cara a unha expresión de alivio cando viu no espello o meu divertidosorriso irreprimidamente cúmplice. «,





